Os mariscadores noieses volven a actividade despois dun mes parados pola toxina

    NOIA> A maioría dos produtores conseguiu coller sen dificultade os topes establecidos. A única desconfianza para eles, o prezo que o marisco puidera acadar en lonxa… A maioría dos mariscadores confían en que o episodio de toxina non volva a producirse, algo que non poden asegurar con rotundidade, e así poder manter un nivel aceptable de ingresos, xa que o mercado se atopa practicamente desabastecido, tanto para fresco como para as conserveiras.