VILAGARCÍA> Caceroladas e peches simbólicos dos hostaleiros e os comerciantes de Vilagarcía. Ambos sectores únense para reclamar mellores condicións para os establecementos hostaleiros. A súa principal reivindicación é a da ampliación do horario de peche.
Os sectores da hostalería e do comercio camiñan da man en Vilagarcía. Ás cinco da tarde, a maioría de establecementos destes sectores pechan as súas portas e comezan unha cacerolada para reclamar mellores condicións para o sector hostaleiro.
O sector do comercio únese a esta protesta como forma de solidariedade e de apoio á hostalería.
A hostalería en Vilagarcía volveu a abrir as súas portas despois dun mes parado. Unha apertura que só contou co respaldo de preto do 20 por cento dos locais vilagarciáns.
Dende o sector hostaleiro piden á xente responsabilidade e precaución para evitar que volvan pechar os locais. Ademais, hoxe mantiveron unha reunión para facer un balance das medidas e para crear un comité de representación.
Dende o sector tamén responden as novas medidas que a xunta aplicará para axudar á hostalería. Piden á administración autonómica que as protestas non queden só en palabras.
A situación tampouco mellora no sector do comercio. Os pequenos negocios están notando as restricións, especialmente, o peche da hostalería. As vendas de nadal comezaron por debaixo das previsións, aínda así, dende o sector agardan que a situación mellore nas vindeiras datas.