Educación adxudica as obras de rehabilitación do CEIP de Palmeira

RIBEIRA> A consellería de Educación adxudica as obras de rehabilitación enerxética no CEIP Plurilingüe de Palmeira. A actuación, por un importe de 576 mil euros, prevé o illamento exterior do colexio, a substitución da carpintería exterior e a instalación de novas luminarias de alta eficiencia enerxética. Tamén se instalarán  falsos teitos e se repararán e se pintarán os paramentos interiores. As previsións de Educación pasan por poder executar as obras durante este verán para que poidan estar rematadas para o inicio do vindeiro curso escolar. Os traballos teñen un prazo de execución de dous meses e medio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí