Uns cincuenta establecementos participarán na sétima edición do ‘Sábado Negro’

    NOIA> As tendas abrirán este sábado as súas portas ata as dez da noite e ofrecerán descontos do vinte por cento en tódolos seus artigos. É unha das habituais campañas de Noia Histórica. Por sétimo ano consecutivo, e debido ó éxito de vendas colleitado en anteriores convocatorias, a patronal noiesa volve a celebrar unha nova edición do Sábado Negro. Será este próximo sábado, 4 de novembro e contará coa participación de cincuenta establecementos comerc iais que aglutinan a práctica totalidade de microsectores. A cifra máis alta de participación de tódalas edicións celebradas ata o de agora. Ademais dos descontos, que poden chegar ata un 20%, as persoas que se achuguen ese día ata a vila poderán participar tamén en numerosas actividades complementarias. Dende a asociación sinalan que este tipo de campañas teñen coma principal finalidade incentivar as compras nunha época do ano no que as vendas baixan significativamente previo ó Nadal, que se ve moi condicionada ademais nesta tempada polo tempo.