O Pombal será testemuña da Copa Deputación de Taekwondo este sábado

    CAMBADOS> Este sábado máis de cincocentos deportistas daranse cita no Complexo Deportivo do Pombal, en Cambados, para celebrar a Copa Deputación de Taekwondo. Máis de cincocentos taekwondistas participarán este sábado na Copa Deputación de Taekwondo en Cambados. Modalidade de técnica, máis enfocado aos nenos en idade escolar para que se fagan a idea de como é un campionato de este deporte. Segundo os organizadores o que abarca é a un grupo de adultos que nunca participou nun torneo das características. Tal e como afirmou Noelia Gómez, monitora de Taekwondo. Os organizadores de esta proba do Club Vital Sport invitan aos cidadáns a que se acheguen este sábado polo Pombal, en horario de mañá para gozar de este deporte en estado puro. Fátima Abal apela ao diálogo para solucionar a crise de goberno en Cambados