Barro inaugurou o seu coworking

    26

    Este xoves inaugurouse a primeira edición do coworking de Barro e as novas instalacións do DepoFabLab. No acto, organizado pola Deputación de Pontevedra, estiveron presentes numerosas caras coñecidas da política e o mundo social da provincia. A primeira edición do coworking de Barro estará integrada, polo de agora, por vinte emprendedores, que compartirán durante un período de cinco meses o seu espazo de traballo, onde ademais recibirán información e formación, e tamén acceso a diferentes tecnoloxías que estarán a súa disposición. Unha excelente iniciativa para o concello, tal e como sinalou o alcalde da vila. Esta instalación na que se investiron uns 800.000 euros será un punto de encontro para fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito de todos aqueles que participen desta iniciativa. O acto de inauguración estivo presidido pola presidenta da Deputación de Pontevedra, polo alcalde de Barro, o director da Área de Desenrolo de Pemes e o deputado de Cooperación, e asistiron numerosos rostros coñecidos da provincia.