As confrarías pontevedresas recoñecen o labor de José Juan Durán en Portos de Galicia

VILANOVA> As confrarías de pescadores de Pontevedra homenaxean ao expresidente de Portos de Galicia. A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores agradeceu ao vilanovés José Juan Durán o traballo realizado nos oito anos que estivo á fronte do departamento autonómico.

O colectivo destacou toda a súa capacidade de traballo, compromiso e entrega, así como tamén a súa preocupación polo sector do mar. Durán recolleu a insignia de ouro da Federación provincial, e resumiu o seu paso por Portos de Galicia como unha aposta decidida e dirixida á adecuación e mellora das infraestruturas nos peiraos, así como dos servizos e instalacións de todos os portos galegos. Segundo o expresidente do ente autonómico, o obxectivo foi mellorar as actividades desenvolvidas polos usuarios e o benestar dos profesionais do mar.

Cabe destacar que José Juan Durán foi o único presidente de Portos de Galicia da provincia de Pontevedra dende que se creou o ente en 1996, e que apostou de xeito decidido polo turismo náutico. Tamén foi a persoa que máis tempo estivo á fronte deste departamento autonómico, dende xullo de 2011 ata o mesmo mes do 2019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí