O Salnés viu nacer 140 proxectos empresariais no que vai de ano

    VILAGARCÍA> A cámara de Comercio de Vilagarcía fixo entrega hoxe dos diplomas as empresas que participaron no seu programa de Diagnóstico para mellora da competitividade das Pemes. Un acto que tivo lugar cando acabamos de coñecer os datos sobre a creación de novas empresas na comarca. A crise non impedíu que xurdiran 140 novas empresas no Salnés este ano. A crise pecha empresas, pero tamén agudiza o inxenio e saca a relucir ós emprendedores. No que vai de ano, no Salnés naceron 140 proxectos empresariais, na maioría dos casos pequenos negocios. Son os datos que nos deixa o estudio realizado polo Institúo galego de Estatística. Os concellos de Vilagarcía e Sanxenxo acaparan a metade das novas empresas, con 42 e 27, respectivamente. Malia que na Cámara de Comercio se asesora ós novos emprendedores e se lle dan unhas pautas, o éxito nunca está garantido. Miguel Falcón facía estas declaracións na entrega de diplomas as empresas que participaron no seu programa de Diagnóstico para mellora da competitividade das Pemes. Quince empresas da comarca participaron neste plan no que se lles tratou de dar ferramentas para poder combater a crise. No acto participaron a deputada provincial Begoña Estevez e a concelleira Elena Suárez. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/comercio600_121113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/comercio_121113.mp4{/flowplayer}