Fátima Abal apela ao diálogo para solucionar a crise de goberno en Cambados

    CAMBADOS> Despois do recente anuncio do edil de Cambados Pode, José Ramón Abal, no que anunciaba que o cuatripartito de Cambados está roto, o resto de compañeiros do equipo de goberno piden calma e reflexión, e confían en superar esta crise de goberno. Atopar un punto en común e solucionar posibles diferenzas que poidan xurdir no seo do cuatripartito de Cambados, esa é a intención da alcaldesa, Fátima Abal, en canto ao anuncio que facía a pasada semana o seu socio de goberno, José Ramón Abal de Cambados Pode, cando anunciou que o “cuatripartito estaba roto”. Fátima Abal apela ao diálogo e afirma que posiblemente a semana que ven se reúnan todos os membros do equipo de goberno para intentar abordar este problema. O voceiro do BNG tamén compareceu ante os medios e recoñece que a lealdade e o respecto aos acordos son fundamentais para manter o cuatripartito. Víctor Caamaño avoga, ao igual que a alcaldesa polo diálogo e solicita unha reunión de seguimento do pacto, para evitar este tipo de situacións. Tanto para os socialistas como para os nacionalistas os cambadeses son o primeiro e recoñecen que con esta coalición non ía a ser fácil gobernar, pero tampouco imposible, e ambos esperan que se poidan superar estas diferenzas da mellor maneira.