O Enobús arrincará en xullo visitando nove adegas

    CAMBADOS> O Enobús xa está listo para funcionar en Cambados. A iniciativa é unha das propostas do programa da Cidade Europea do Viño, e levará os visitantes ata as nove adegas participantes. Segundo o calendario establecido, comezará a circular no mes de xullo, e o billete terá un custo de dez euros. O Enobús é unha das propostas estrela de Camados como Cidade Europea do Viño. Esta mañá, presentouse a iniciativa, que facilitará o acceso ás adegas participantes e será un atractivo máis para os visitantes. A viaxe no Enobús inclúe a visita a unha adega participante coa cata de dous dos seus viños e unha actividade enoturística, a escoller entre visitar o Museo do Viño ou a Fundación Manolo Paz, e participar na experiencia Guimatur. A actividade desenvolverase entre os meses de xullo e setembro, con nove adegas participantes. Aínda que a maioría son de Cambados, finalmente o concello incluíu a outras de fóra do municipio, e non desbota que esta cifra se incremente co arranque o Enobús. A intención é que os tickets do Enobús se poñan á venda no mes de marzo. Antes, o goberno local debe levar a pleno unha modificación da ordenanza fiscal para que o concello poida cobrar a taxa establecida. Está previsto que este punto se vote na sesión do vindeiro mes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/ptac_enobus_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/ptac_enobus.mp4{/flowplayer}