RIBEIRA> Trátase de Josefa Fernández, residente en Aguiño, que o pasado 20 de setembro cumpría cen anos.
Na fin de semana recibiu, no seu domicilio, a felicitación do Concello, a través da concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, e da tenente de alcalde Mariola Sampedro.
A homenaxeada, que se atopa en perfecto estado de Saúde, recibiu unha placa conmemorativa e un ramo de flores como agasallo. Trátase dunha das tres mulleres que este ano alcanzan os cen anos no municipio.
Dende Canal Rías Baixas dámoslle tamén os parabéns, e desexámoslle que cumpra moitos máis…