O recorte salarial provoca o cruce de acusacións entre goberno e oposición

    traballadoresboiro.jpgBOIRO> A corporación municipal de Boiro celebrou un tenso e polémico pleno no que se debatiu a reducción salarial decretada polo goberno central. 

    {flowplayer}barbanza/recortes.flv{/flowplayer}

    Media hora antes do pleno, ás portas da casa consistorial boiresa, fóronse arremuiñando a práctica totalidade dos traballadores municipais, tanto funcionarios coma persoal laboral. A esa hora estaba convocada unha concentración por parte do comité de empresa coa finalidade de informar sobre a xuntanza mantida a pasada semana con membros do executivo local na que se analizou a decisión adoptada polo concello de reducir nun 5% o salario dos traballadores, aplicando o decreto do Goberno Central de cara a reducción do déficit público.

    Dende o comité de empresa aludiuse a que nesa xuntanza non chegou a debaterse nada e os membros do equipo de goberno que participaron nela limitáronse a comunicarlle ós representantes sindicais que a decisión xa estaba tomada e que era a aplicación dun 5% progresivo segundo o grupo e categoría para o persoal funcionario e outro 5% lineal para todo o persoal laboral.

    Negociación colectiva

    Dende o comité de empresa do concello boirés consideran que esta decisión non é a máis acertada, aludindo a que a medida podería levarse a través dunha negociación colectiva.

    Un dos puntos que máis afectou ós traballadores municipais foi o anuncio do alcalde de retirarlle o complemento de produtividade.

    Medidas de presión

    {flowplayer}barbanza/plenoboiro.flv{/flowplayer}

    Dende o comité de empresa aseguraron ademais de que continuarán coas medidas de protesta de cara a garantir os seus dereitos, chegando mesmo a barallar a posibilidade de acudir ós tribunais.

    Cos ánimos caldeados, os traballadores municipais deron por rematada a concentración e dirixíronse cara o salón de plenos, onde estaba previsto precisamente a celebración dunha sesión plenaria na que se debatería a adopción dos acordos necesarios para dar cumprimento ó real decreto-lei do goberno do estado para a reducción do déficit público.

    Cruce de acusacións

    Cun salón de plenos abarrotado, a sesión caracterizouse polo cruce de acusacións entre os membros do equipo de goberno e a oposición. O máis duro foi sen dúbida o voceiro do Partido Popular, Xoán Xosé Dieste. Despois de preguntarlle directamente ó alcalde sobre a retirada do complemento de produtividade ós traballadores, algo que o propio rexedor negou, arremeteu contra os membros do executivo ós que acusou de incompetentes

    Tanto Luís Ángel González Maceiras como Manuel Velo calificaron a medida de impresentable, sinalando que agora deben ser de novo os traballadores os que paguen os pratos rotos dunha situación que eles non provocaron.

    Trámite

    Dende as filas socialistas sinalouse que a adopción deste acordo é un simple trámite pois xa vén dado polo goberno central. Aínda así aproveitou a súa intervención para mandar un mensaxe de tranquilidade ós traballadores municipais.

    Antes de remata-la sesión o voceiro popular fixo ademais unha proposta a través da cal solicitaba a retirada de tódalas dedicacións existentes no concello, así como tamén o cobro por asistencia ás comisións de coordinación da xestión municipal. Proposta que decaeu cos votos en contra do equipo de goberno, nove, e os votos a favor da oposición, oito.

    Unha vez rematada a sesión a maioría dos traballadores marcharon para as súas casas resignados, e sen coñecer realmente as intencións do executivo.

    Redacción Barbanza