O BNG volve demandar o cambio de nome da rúa Miguel Rodríguez Bautista

RIBEIRA> O BNG de Ribeira volverá levar a pleno o cambio de nome da rúa Miguel Rodríguez Bautista. Os nacionalistas piden que se eliminen do rueiro, este e outros nomes de altos cargos da ditadura, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.

Xa en 2016 o pleno de Ribeira debatera a proposta de retirar os nomes das rúas Miguel Rodríguez Bautista, Diego Delicado e outros personaxes relevantes durante a ditadura franquista. Daquela, a moción non saíra adiante con 11 votos en contra e 10 a favor polo que os nacionalistas decidiron volver a presentala.

A proposta, xa cando se presentou inicialmente, e agora novamente levantou unha gran polémica en Ribeira xa que son moitos os que defenden a figura do ex alcalde Miguel Rodríguez Bautista mentres que outros consideran que non poden manterse as honras a mandatarios vinculados con franquismo.

Haberá que agardar ó pleno ordinario deste mes no que, se non hai cambios de última hora, se debaterá a moción na que os nacionalistas propoñen cambiar a denominación da rúa pola de Heroínas de Sálvora ou Xosé Neira Vilas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí