Educación licita a mellora da cuberta do CEIP Santa Irene en Porto do Son

PORTO DO SON> O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, desprazouse esta mañá ata Porto do Son para anunciar a licitación da obra de renovación da cuberta no CEIP Santa Irene.

O proxecto, cun orzamento duns 265 mil euros, forma parte do plan de actuacións da Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta, que busca modernizar os centros de ensino para convertelos en instalacións máis eficientes e sustentables.

Na visita, o delegado estivo acompañado tamén polo alcalde, Luís Oujo, que agradeceu a achega realizada que virá a dar resposta a unha necesidade urxente nas instalacións.

O rexedor aproveitou tamén para anunciar a intención do Concello, en colaboración coa dirección do centro e as ANPA’s do colexio, de poñer en marcha un comedor escolar de cara o vindeiro curso.

As obras  contan co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí