BARBANZA> O BNG logra o apoio do Parlamento para que as axudas da covid ó marisqueo non executadas sexan investidas novamento no sector.
O BNG logrou un acordo unánime do Parlamento, dentro do seno da Comisión de Pesca, para que os fondos non executados da liña de axudas ó marisqueo polo cese de actividade durante o estado de alarma, dotada con 5,2 millóns de euros, sexan de novo destinados ó sector.
Os nacionalistas tamén lograron sacar adiante outro acordo, neste caso en relación ó Museo do Mar de Noia, polo que pide á Xunta que se dirixa ós grupos de acción local de pesca para lembrarlles os deberes que asumen cando son beneficiarios de subvencións públicas da consellería do Mar, en concreto no relativo ó cumprimento das condicións establecidas na realización das actividades que fundamenta a concesión da subvención.