O pleno da corporación celebrarase este venres

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra informou esta mañá de que este venres 10 de novembro terá lugar o pleno ordinario da corporación ás 10:30 da mañá. O BNG non levará ningunha moción, o PP tres, PSOE nigunha, Marea 2 e Cidadáns unha. Sobre a mesa estará a modificación de crédito e a do cadro de persoal e a desafección do edificio militar do parque das palmeiras. Este venres 10 de decembro terá lugar o pleno ordinario da corporación local. Sobre a mesa irá a modificación de crédito e do cadro de persoal. Por parte do BNG e do PSOE non presentarán ningunha moción, o PP tres, Cidadáns unha e o grupo Marea 2, entre elas está a desafección do edifico militar do parque das palmeiras, unha iniciativa positiva para o alcalde pero que non é de fácil acceso e solución. O seguinte pleno da corporación terá lugar o 15 de decembro, en relación aos orzamentos o alcalde non sabe cando irán a pleno pero agarda presentalos e aprobalos antes de que remate este ano. O alcalde cualificou estes orzamentos como inversores e positivos por iso agarda que se aproben en tempo e forma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí