As obras de construcción do Gran Montecelo comezarán en xuño cun orzamento de 130 millóns de euros

PONTEVEDRA> A xunta de Galicia saca a licitación a obra de construción do Gran Montecelo. A intervención terá orzamento de preto de 130 millóns de euros e leva aparellado 2600 postos de traballo. A previsión é que os traballos da primeira fase comecen en xuño.

O proxecto do Gran Montecelo comeza a dar os seus primeiros pasos para converterse nunha realidade. A xunta de Galicia acordou sacar a licitación os traballos de construción do complexo hospitalario. A primeira fase contará cun orzamento de 130 millóns de euros.

O novo hospital terá un diámetro de 138 mil metros cadrados. Convertendo o complexo hospitalario nun centro máis espazoso e cómodo para profesionais e pacientes. O hospital ampliará os seus servizos.

O novo hospital tamén potenciará as unidades multidisciplinais.

As empresas interesadas terán ata o 11 de xaneiro para presentar as súas ofertas. En xuño comezará a construción dunha infraestrutura, que dende a xunta consideran que se converterá en imprescindible.

O novo complexo hospitalario contará entre outras melloras, con 720 camas, 20 quirófanos e 117 postos e urxencias. O prazo de execución é de 42 meses e as súas obras non afectarán ao funcionamento do hospital.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí