Pontevedra> Pontevedra, e 35 cidades de todo o Estado, acolleron concentracións en lugares simbólicos para esixir unha total accesibilidade nos edificios públicos. Unha mobilización convocada pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica, que denuncia a falta de acceso coa que conta a oficina de consumo ou a tráfico na cidade do Lérez. Dende a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica convocaron esta mañá concentracións en puntos claves de 35 cidades do Estado. Entre elas estaba a cidade de Pontevedra, este encontro fixérono ás portas da Oficina de Consumo que non é accesible para as persoas con mobilidade reducida. Dende esta entidade din que en Pontevedra queda moito por facer en edificios como a oficina de consumo, a de tráfico e a subdelegación do goberno. Pero sobre todo onde se debe realizar unha maior atención é nos establecementos de titularidade privada, as administración deben obrigar a estes espazos a cumprir coa normativa. A partir do 4 de decembro entra en vigor unha nova normativa que obriga ás administración públicas a contar con todos os seus espazos adaptados para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida, de non cumprir esta normativa dende Cocemfe din que terán que chegar aos tribunais. Por esta razón demandan unha accesibilidade universal, o cumprimento da lexislación, unha lei de infraccións e sancións que garanta a accesibilidade, a implicación cidadá e unha estratexia nacional sobre accesibilidade.
Inicio PONTEVEDRA











