AMICOS aposta pola formación como vía para a inclusión laboral

    BOIRO> O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia participou esta mañá no acto de entrega de diplomas dos cursos de conservación forestal e xardinaría de AMICOS. Doce usuarios da entidade participaron nestas accións formativas que buscan mellorar a capacitación profesional das persoas con discapacidade. Doce persoas con discapacidade participaron nos cursos de Conservación e Mellora de Montes e de Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería. Os alumnos recollían esta mañá os diplomas acreditativos da formación adquirida que ten como obxectivo facilitar a súa inserción laboral. Estes doce usuarios son tan só un exemplo da ampla labor formativa que desenvolve AMICOS cun total de 130 alumnos ó longo deste ano. O director xeral de Inclusión destacou o importantes destas accións formativas de cara á inclusión laboral, tal e como amosan as cifras, con corenta e cinco persoas incorporadas ó mercado de traballo. Neste sentido, tanto o concello como a Consellería de Política Social comprometéronse a seguir colaborando con AMICOS para avanzar en materia de inclusión social, campo no que aínda queda moito camiño por percorrer.