Porto do Son acollerá o 17 de decembro a 6ª edición da Carreira Sin-Son

    PORTO DO SON> Todo listo en Porto do Son para acoller a sexta edición edición da Carreira Sin Son. Esta cita deportiva, que xa se converteu nun referente do atletismo galego, terá lugar o 17 de decembro con importantes novidades. A carreira comporase dun primeiro treito urbano de tres quilómetros e medio en Portosín. A continuación os corredores percorrerán a distancia entre esta localidade e Porto do Son pola estrada comarcal 550. Nestes seis anos de vida, a Sin Son converteuse nunha das principais citas deportivas a nivel galego chegando a contar con 2500 inscritos Para facer a proba máis atractiva, a organización deseñou diversas actividades complementarias como unha carreira en patín ou o Feirón do Corredor que terá lugar o sábado previo. Como tódolos anos, a carreira servirá tamén para render homenaxe a figuras do atletismo: desta volta un adestrador e un atleta. En materia de organización destaca a colaboración das empresas patrocinadores pero tamén dos voluntarios de Protección Civil e dos propios veciños, que o alcalde quixo agradecer Os interesados en participar poden obter toda a información relativa á carreira na web www.sin-son10k.com., onde tamén poden realizar as inscricións ata o 12 de decembro.