Boiro Novo volve denunciar o incumprimento da periodicidade dos plenos

    BOIRO> Boiro Novo volve demandar a convocatoria dos plenos coa periodicidade que establece o regulamento. Denuncian a acumulación de numerosas mocións sen debater a consecuencia de que non se celebren as sesións plenarias coa frecuencia que deberían. Non se trata dunha denuncia nova senón que dende Boiro Novo levan tempo demandando a convocatoria de plenos coa periodicidade que establece o regulamento, o segundo xoves de cada mes impar. Segundo os responsables da formación, a falla de convocatoria en prazo ten como consecuencia a acumulación de numerosas mocións que non chegan a ser debatidas en pleno. Xa hai varios meses que Boiro Novo presentou unha demanda para tentar lograr pola vía xudicial o respecto da normativa municipal que, din, non obteñen pola vía política.