RIBEIRA> A Consellería do Mar e o concello de Ribeira asinaron un convenio para a remodelación da fachada marítima da vila. A actuación, orzamentada nun millón de euros, conectará a avenida do Malecón co paseo das Carolinas. A sinatura do convenio entre a Consellería do Mar e o concello de Ribeira ten por obxectio regular as obrigas das partes para a execución das obras que asumirá na súa totalidade o concello pero que afectan a zona de dominio portuario. Portos asumirá a posta a disposición dos terreos e a autorización das obras, mentres que por parte do Concello asúmese o total da tramitación e financiamento das mesmas, en dúas anualidades. Sen embargo, o convenio non implica ningún cambio de titularidade dos terreos ou bens dos que Portos de Galicia seguirá sendo titular. A actuación, que suporá un investimento dun millón de euros, ten por obxectivo reordenar a fachada marítima dando preferencia ós peóns tanto na avenida do Malecón como no paseo das Carolinas, dous espazos que quedarán conectados. Habilitarase tamén un carril bici que deaa continuidade ó existente no paseo do Touro ata Coroso. Unha vez iniciadas, as obras contarán cun prazo de execución de oito meses.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









