A Pobra porá coto ós vertidos cun novo plan de control

    POBRA> O concello da Pobra poñerá en marcha o Plan de Control de Vertidos. En colaboración con Viaqua e a Policía Local realizarán inspeccións nas distintas empresas para detectar posibles irregularidades. O executivo comezou a notificar ás empresas a realización de inspeccións para detectar posibles incumprimentos dos parámetros legais na emisión de augas residuais. A técnica de medio ambiente, en colaboración coa empresa adxudicataria, Viaqua, e a policía local será a encargada de realizar as medicións. O obxectivo do concello é acabar coas prácticas irregulares dalgunhas empresas que están a provocar serios problemas na depuradora municipal así como a contaminación directa do medio mariño. Lembran dende o executivo que sobre o concello pesa unha ameaza de sanción por parte da Xunta. Dende o concello están abertos á total colaboración coas empresas para conseguir frear as verteduras. De feito, xa se está a estudar a solicitude dunha factoría para a ampliación do límite de emisión de nitróxeno amoniacal, que deberá valora a Xunta de Galicia.