A POBRA> O concello da Pobra finalizou as obras para dotar de saneamento e abastecemento de auga ó lugar do Campiño. A actuación supuxo un investimento próximo ós oitenta mil euros.
Malia que se trataba dunha obra con financiamento dende hai anos, a irrupción da pandemia e os retrasos nos permisos motivaron que non puidese estar rematado ata agora o tan demandando saneamento no lugar do Campiño.
Os traballos supuxeron un investimento de preto de 80 mil euros e foron executados con cargo ós fondos municipais.
As redes de abastecemento e saneamento xa están rematadas e ton só queda pendente . conexión eléctrica para o bombeo e as acometidas nalgunhas vivendas.
A actuación dará servizo a unhas 5 vivendas existentes na zona e ás futuras construcións posto que a maior parte das fincas son edificables.