Mosquera asegura que todos os composteiros compren coa legalidade

Pontevedra> Ante estas denuncias, dende o Concello de Pontevedra, falou César Mosquera. O concelleiro do Goberno Local dixo que ningún composteiro é ilegal. O permiso, ao que facían referencia dende o PP, soamente é necesario para aqueles espazos que produzan 50 toneladas de lixo diarias, e os composteiros producen esta cantidade ao ano, co cal non se lles concede ningún permiso porque non é necesario. Antes as denuncias e críticas da oposición en relación ao plan de compostaxe, César Mosquera dixo esta mañá en primeiro termo que ningún composteiro é ilegal tal e como tentou transmitir o PP. Mosquera dixo que na actualidade soamente os espazos que produzan máis de 50 toneladas ao día precisan este permiso, e un composteiro produce esta cantidade pero ao ano. En relación aos prazos deste Plan de Compostaxe no concello de Pontevedra, Mosquera sí que recoñeceu que vai máis lento do previsto pero que isto se debe única e exclusivamente a un tema económico. César Mosquera sinalou que na provincia detectouse un incremento dun 2% na xeración de residuos como consecuencia do aumento da actividade económica, mentres que no municipio de Pontevedra esta subida é do 0,2%. O concelleiro dixo que na Boa Vila as nove illas de compostaxe instaladas están a tratar unhas 300 toneladas ao ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí