PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra reclama que se incrementen os efectivos do servizo de Bombeiros. A formación denuncia que están a sufrir condicións laborais de semiescravitude, que derivan en baixas laborais. A día de hoxe, aseguran, máis do 40% cadro de persoal está de baixa.
Para o Partido Popular, os Bombeiros de Pontevedra traballan en condicións de ‘semiescravitude’. A formación denuncia que neste servizo se realizan xornadas interminables.
Condicións que, afirma o PP, rematan por afectar á saúde dos bombeiros. A día de hoxe o 40% do cadro de persoal está de baixa.
Domínguez asegura tamén que en ocasións os bombeiros son obrigados a facer máis horas das que lles corresponden.
Por iso, os populares defenden que a situación é insostible. De aí que reclamen un incremento do número de efectivos para diminuír a carga de traballo actual. Insisten en que Pontevedra é a cidade galega con menos bombeiros.
Domínguez e Pardo xa adiantaron que levarán ao vindeiro pleno as reivindicacións dos bombeiros pontevedreses.