A Deputación de Pontevedra lanza unha nova campaña para deixar claro que “Elas son a forza do Nadal”

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra lanzou hoxe a campaña “Elas son a forza do Nadal”. Unha iniciativa coa que se pretende dar visibilidade ao papel das mulleres produtoras e comerciantes da provincia. O proxecto levouse a cabo en colaboración con Anmupesca, Fademur e AcuBam.

Nove son as mulleres protagonistas desta nova campaña da Deputación de Pontevedra. Nove produtoras e comerciantes da nosa provincia que poñen cara a este proxecto. Porque “Elas son a forza do Nadal” e con elas preténdese poñer en valor o produto de proximidade.

As nove mulleres que forman parte desta campaña pertencen a distintos sectores e neste vídeo preténdese dar a coñecer as dificultades que teñen diariamente no seu traballo.

A campaña da Deputación de Pontevedra divulgarase en redes sociais e en medios online e offline. Con este proxecto, a institución provincial pretende reivindicar o traballo das mulleres do sector primario e deixar claro que “Elas son a forza do Nadal”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí