PSOE e PP cuestiona o plan de compostaxe do Goberno Local

Pontevedra> Dende a oposición piden “sentidiño” ao Goberno Local á hora de realizar o seu plan de compostaxe no concello. Dende o PSOE din que hai moitas dúbidas sobre a mesa en relación a este plan. E pola súa banda, dende o PP, din que os composteiros non contan co permiso de residuos e polo tanto non compren a lexislación. O plan de compostaxe no concello de Pontevedra está levatando máis dunha crítica dende as filas socialistas e populares. Dende o PSOE consideran que este plan pode chegar a ser un auténtico pesadelo para o concello. Xa que non están mantendo a comunicación necesaria cos veciños e ademais, hai moitos flecos soltos, como por exemplo, un plan de viabilidade, quen se vai a adicar a estar materia, previsión de canto se vai a compostar neste ano e no vindeiro, que se vai a facer co compostado. Dende o PP criticaron tamén a metodoloxía que o Goberno Local está utilizando para realizar e levar a cabo este plan de composteaxe. Por esta razón dende o PP van a solicitar que se poña o contador a cero e se realice unha boa planificación tanto en Monte Porreiro como en Campolongo, que se cancele o aluguer dos terreos da Canicouva, que se cumpra coa lei, xa que segundo o PP os composteiros deberían de contar cun permiso de residuos, e xa por último piden máis diálogo cos veciños. PSOE e PP solicitarán e realizarán no vindeiro pleno do 15 de decembro numerosas preguntas en relacións á compostaxe no concello de Pontevedra.