O polígono de Té xa dispón dun sistema de alumeado máis eficiente

    RIANXO> O concello de Rianxo acometeu a mellora do alumeado no polígono industrial de Té. A través dunha achega da Consellería de Industria, procedeuse á substitución de tódalas luminarias por outras máis eficientes. Os sesenta puntos de luz do polígono de Té en Rianxo foron substituídas por luminarias tipo LED que supoñen un importante aforro enerxético. Esta actuación foi posible grazas a unha achega da Consellería de Economía e Industria que sufragou o oitenta por cento da actuación. Ata o momento, os empresarios asentados neste polígono amosaron a súa satisfacción con este cambio no alumeado; un cambio que suporá un aforro próximo ó setenta e cinco por cento.