ASPACE celebra o seu III concurso de cociña

Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde. O restaurante Pepe Vieira acolleu nesta xornada un evento moi especial, a semifinal do concurso en Aspace Cociñamos Xuntos. Unha cita que celebra a súa terceira edición e que neste ano estivo centrada nas filloas. Entre os membros do xurado estiveron Julio de Sotomayor do restaurante Nova en Ourense, o blogueiro gastronómico Alberto Rivas e como non Xosé Torres Canas propietario do Restaurante Pepe Vieira En total 9 parellas compostas por unha persoas con parálise cerebral acompañadas dun familiar ou profesional da entidade elaboraron os seus menús centrándose nas filloas. De todos, hai algúns que son expertos en gañar este concurso E outros que levan algún tempo ensaiando este prato Finalmente e tras moito deliberar, xa que o nivel era moi alto entre todos os participantes, o xurado elixiu que a a filloa gañadora fose a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde. Eles estará na final que terá lugar o 29 de novembro na Escola Naval Militar de Marín.