O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro

Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila. A décima edición do Pontedetapas arranca pisando forte, moitos establecementos xa venderon nunha semana máis de 1000 tapas. Neste concurso no que participan 52 establecementos da cidade podemos atoparnos de todo un pouco… Son días de intenso traballo, pero os hostaleiros cualifican como moi positiva esta iniciativa. E non soamente os hostaleiros, a cidadanía esta encantada con estre Pontedetapas, unha maneira única de descubrir novos lugares e aos chefs que se agochan nas súas cociñas. Así que xa o saben, se lles gusta a gastronomía, tapear, pasar un bo rato ou queren desfrutar dos locaiss da cidade de Pontevedra, ata o 19 deste mes de novembro teñen unha cita nesta décima edición do Pontedetapas.