O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán

    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán. Non é a primeira vez que pasa senón que, segundo denuncian os populares, xa son tres as ocasións en que o museo Valle Inclán tivo que pechar por falla de persoal ó longo deste mandato. Ademais da falla de atención ó publico denuncian o escaso mantemento das instalacións e dos fondos museísticos ó non contar con persoal que vele pola súa conservación.