NOIA> O alcalde de Noia deu conta do bo estado das contas municipais tras aprobarse a liquidación da Conta Xeral de 2024. O superávit orzamentario supera ós 700 mil euros mentres que o remanente de tesourería rolda os 4 millóns e medio.
O bo estado das contas rebate o principal argumento esgrimido pola oposición para rexeitar os orzamentos cuxa aprobación tivo que vincularse a unha cuestión de confianza. A conta xeral arroxa un superávit de máis de 700 mil euros e un remanente xeral de 4 millóns e medio dos cales aproximadamente millón e medio poderán destinarse a gasto.
O alcalde explicou que grazas á aprobación do orzamento, o concello está ó día no pago a provedores, sen facturas pendentes do pasado exercicio e cun período medio de pago inferior a un mes.
Estes datos, insiste freira, avalan a xestión responsable e de gasto contido do seu goberno cumprindo o principio de estabilidade orzamentaria.











