Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais

Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática. O vicepresidente da Xunta estivo esta mañá nas dependencias onde se arquivan a documentación xudicial. Rueda informou sobre o plan de expurgo na nosa comunidade, lembrando que o expurgo é o proceso polo que a documentación xudicial leva arquivada definitivamente, ao menos durante cinco anos, e unha vez gravados nunha aplicación informática é analizada pola xunta de expurgo, órgano que decide a conservación de aqueles expedientes con relevancia histórico- documental e a destrución dos restantes. Dende o 2013 en Galicia xa que expurgaron 1 millón de expedientes, deles 700 mil son da provincia de Pontevedra. Ademais disto tamén se eliminaron 100 toneladas de obxectos procedentes de procesos xudiciais. Rueda foi preguntado esta mañá polas mobilicacións e convocatoria de folga de traballadores das dependencias xudiciais, o vicepresidente dixo estar aberto ao diálogo. Se todo segue segundo o previsto dende este sector irán a folga os días 1 e 13 de decemebro e se non se chega antes a un acordo, convocarán folga indefinida a partir da última semana de xaneiro.