Pontevedra. Balance máis que positivo o que realizan dende o concello de Poio da festa do mar deste 2018. Unha festa pola que pasaron máis de 33 mil persoas e onde os produtos máis consumidos foron, como cada ano, a ameixa, o mexillón e o polvo. Unha festa que deixou unha recadacións de 53 mil euros .
Dende o concello de Poio fan un balance máis que positivo da Festa do Mar que o pasado domingo pechou as portas desta décimo oitava edición.
Unha festa onde os produtos máis vendidos foron…
O concello conseguiu unha recadación similar á do pasado ano, 53 mil euros. Con todo dende o concello queren agradecer a colaboración da Asociación Armadiña Rock e tamén as embarcacións tradicionais, xa que o éxito da festa se debe en boa medida tamén a estes eventos. E dende o Festival Armadiña Rock agardan que a agresión sexual que sufriu unha moza de 20 anos, un feito que denuncian e condenan, non empañe o civismo que se respirou durante a celebración deste festival.
Dende concello deixaron claro, unha vez máis, que queren comezar co expediente co fin de que esta festa sexa declarada Festa de Interese Turístico en Galicia.