Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión. Esta mañá as portas das subdelegación do Goberno en Pontevedra mantiveron un minuto de silencio en recordo das vítimas dos accidentes de tráfico. A xefa provincial de tráfico de Pontevedra lembrou esta mañá que a DXT ten en funcionamento, como en toda España, a súa Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico. A xefa provincial de tráfico informou que a nivel provincial os accidentes graves reducíronse nun 20 por cento no que vai de ano. E dende a Garda Civil lembraron que de cara a este Nadal intensificaranse o número de controis e as campañas de concienciación. A fiscal de seguridade viaria de Pontevedra, lembrou que o Código Penal xa se está levando a cabo, o que significa que unha persoa que cometa varios delitos contra a seguridade viaria pode acabar en prisión. Alicia Tajes tamén participou no minuto de silencio organizado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra para conmemorar o Día Mundial de Recordo das Vítimas de Accidentes de tráfico.
Inicio PONTEVEDRA