O Refuxio de Cambados aposta polo punk-rock para o festival benéfico Can-Fest

    CAMBADOS> O concello de Cambados e o seu refuxio preparan un cartel de luxo para a estrea do seu festival Albariño Can Fest. A cita será o 2 de decembro no Salón José Peña, dentro da programación da Cidade Europea do Viño. A entrada terá un custo de 10 euros, que permitirá ver en directo a grupos como Gatillazo, Mamá Ladilla e Konflikto. Cartel de luxo para estrear por todo o alto o festival Albariño Can-Fest. No marco desta cita organizada polo Refuxio de Cambados, coa colaboración do concello, grupos de primeira liña como Gatillazo, Mamá Ladilla ou Konflicto actuarán no Salón José Peña o 2 de decembro. As entradas xa están á venda cun prezo de 10 euros. Un custo simbólico co que se busca axudar ao refuxio de Cambados a manter o seu labor no coidado dos animais abandonados. Ademais das entradas simples, a organización preparou varios paquetes que inclúen a dormida nun hotel do municipio ou a viaxe en autobús dende Ourense ou A Coruña. A cita está incluída na programación da Cidade Europea do Viño, dándolle un toque punk-rock neste último treito do nomeamento. Bergallazo ou Innoppiah completan o cartel deste primeiro Albariño Can-Fest, que agarda reunir en Cambados a preto de 1.200 persoas. Para os que non asistan pero queiran colaborar, haberá fila cero. AS entradas estarán á venda na plataforma online do Refuxio de Animais e en diferentes tendas físicas das principais cidades galegas.