![]()
VILANOVA> Así o manifestou o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, durante a súa primeira visita ó campamento.
{flowplayer}images/salnes/220709_campamento_sinas.flv{/flowplayer}
O Albergue Xuvenil de As Sinas é un dos 13 campamentos xestionados na actualidade pola Xunta. O director xeral de Xuventude chegouse a Vilanova por primeira vez para coñecer as súas instalacións e as actividades que se están a levar a cabo nelas.
Nestes intres preto de 120 cativos de entre 12 e 16 anos gozan das súas vacacións de verán no campamento de As Sinas. Durante a súa visita, o director xeral de Xuventude manifestou a súa intención de potenciar e aproveitar as instalacións deste albergue para organizar novas actividades de lecer.
Acompañando a Ovidio Rodeiro estivo o alcalde de Vilanova. Gonzalo Durán aproveitou a ocasión para demanda ó director xeral que se retomen vellos proxectos aparcados durante a etapa de goberno do bipartito. Entre eles, abrir o campamento ós cativos da comarca para realizar actividades relacionadas co mar.
Redacción Salnés








