Chicote convértese no mellor embaixador do berberecho de Noia

    NOIA> Inauguradas as segundas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia que nesta edición tiveron como convidado ó cociñeiro Alberto Chicote. Durante toda a fin de semana seguirán a desenvolverse conferencias e actos paralelos que culminarán coa degustación popular prevista para o domingo. Alberto Chicote foi a estrela invitada nesta segunda edición da Exaltación do Berberecho de Noia. O televisivo cociñeiro visitou as autorizacións da confraría noiesa onde tivo ocasión de coñecer de preto o traballo dos mariscadores tanto a pé como a flote así como as labores de pesaxe e clasificación que se desenvolven na lonxa de Testal. Chicote gabou a excelente calidade do berberecho de Noia que serviu ademais como ingrediente principal dos tres pratos que elaborou na master class impartida no Liceo de Noia. As xornadas terán continuidade ó longo de toda a fin de semana co programa técnico, a realización de varios showcookings e actividades paralelas e a exaltación popular que se desenvolverá o domingo na alameda.