PORTO DO SON> O Partido Popular convocará nos próximos días un congreso extraordinario para elixir ó sucesor de Alberto Núñez Feijóo como presidente de PP galego.
A pesar de que tódalas quinielas apuntan a Alfonso Rueda como candidato único, o aínda líder dos populares non quixo confirmalo aínda que si deixou entrever que é a principal opción que barallan os líderes provinciais.
En paralelo ó relevo de Feijóo á fronte do PPdeG, deberá resolverse tamén a súa sucesión como presidente da Xunta. Un proceso que, confía, se faga efectivo antes da finalización do congreso.