A CIG maniféstase en contra do acoso laboral e a discriminación da muller no traballo

    RIBEIRA> A CIG do Barbanza celebrou unha manifestación contra a violencia de xénero. Con este acto, ó que asistiron os delegados sindicais na comarca, a organización reclama maior igualdade no ámbito laboral para acabar co acoso no traballo que sofren as mulleres. Tras celebrar unha reunión, os delegados da CIG concentráronse ás portas da casa consistorial de Ribeira. Este acto non pretende ser unha mera conmemoración do 25 de novembro senón que é un chamamento a un cambio de rumbo das políticas de igualdade. Segundo a secretaria xeral de Igualdade, o acoso laboral por motivos de xénero e mesmo de identidade sexual, está aínda moi presente na sociedade. E é aí, precisamente, onde hai que poñer o foco para garantir a igualdade plena no traballo. Este tipo de accións enmárcanse no camiño iniciado po pasado 22 de novembro nun encontro nacional de delegadas da CIG que concluirá o oito de marzo cunha gran folga de mulleres.