Unha exposición para conmemorar o trinta e cinco aniversario de Ambar

    RIBEIRA> A mostra será inaugurada este próximo venres na casa do concello de Ribeira. Co gallo do seu trinta e cinco aniversario, AMBAR amosará parte da historia deste gran proxecto a través dunha exposición retrospectiva que se poderá visitar ata o 15 de decembro na casa do concello. A mostra estará composta por quince obras elaboradas no taller de Ambar que combinan texto, pintura e fotografía. A intención do concello é seguir a colaborar non só na organización de actos conmemorativos senón na toma de medidas para conseguir unha accesibilidade real. A apertura da mostra terá lugar este venres ás sete da tarde.