Cambados comeza a estudar alternativas para desatoar o proxecto do mercado

CAMBADOS> O Concello de Cambados comeza a estudar alternativas para a praza de abastos. Se Costas, finalmente, non permite construí-lo novo mercado no emprazamento do actual, o concello apostaría por facer unha reforma das instalacións actuais ou, incluso, trasladalo a outro punto da vila. Con todo, o alcalde confía en que o organismo estatal acabe mudando de postura e permita amplia-lo mercado no espazo que ocupa agora.

Cambados reacciona ao informe de Costas que recolle a posibilidade de  trasladar o mercado municipal a outra localización fóra da zona portuaria. O Concello cre que o vínculo da praza co mar é evidente e que o ideal sería poder levar a cabo o proxecto previsto.

O goberno local está a traballar xa na procura do encaixe legal que permita a creación da nova praza no emprezamento actual. Así e todo, xa traballan cun ‘Plan B’.

Din que no peor dos casos, o que se podería é reformar as instalacións actuais, o que impediría amplia-la. Iso implicaría un paso cara atrás, que retrasaría aínda máis a actuación.

Ese hipotético traslado é a última das opcións que contempla o concello que, así e todo, non decarta comezar a estudar emprezamentos alternativos.

Todas estas opcións tamén foron trasladadas onte á Confraría cambadese e á asociación de depuradores. O alcalde tamén abordou o asunto co Delegado do Goberno en Galicia, ao que lle solicitou que traslade a postura municipal ao organismo en Madrid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí