Rafael Torres presenta as súas Esencias de Pontevedra

Pontevedra> O xornalista Rafael Torres presentou no Café Moderno o seu traballo Esencias de Pontevedra. Un libro que recolle as crónicas máis evocadoras da primeira metade do século XX en Pontevedra a través de feitos relevantes que marcaron unha época da Boa Vila. Numerosos persoeiros da vida política, da cultura, da empresa e da vida social de Pontevedra acompañaron a Rafael Torres na presentación do seu traballo Esencias de Pontevedra. Un libro que nos achega aos feitos máis relevantes da primeira metade do século a través de crónicas realizadas por este xornalista. Un libro onde nos podemos adentrar na historia de Pontevedra, no nacemento das palmeiras, da gran vía de Montero Ríos, dos primeiros quioscos da Alameda e da Ferrería. Rafael Torres sinalou que quizáis os anos 20 e 30 son os máis destacados do seu libro. Un libro que se centra en feitos, en historias, non en personaxes, para iso xa está traballando nunha nova publicación. Este Esencias de Pontevedra está adicado a Sabino Torres e a Amancio Landín por ser cómplices de moitas destas crónicas que tiveron lugar na primeira metade do século XX.