Os proxectos financiados con fondos DUSI estará executados no 2018

Pontevedra> Novo cambio no orzamento de Pontevedra. As contas agora incorporarán a maioría dos proxectos financiados con fondos europeos e a correspondente achega municipal. Así deste xeito, dende o Goberno Local, agardan ter todos estes traballos executados ao longo do 2018. O Goberno Local, seguindo as indicacións dos técnicos, incorporará a maioría dos proxectos que están financiados con fondos europeos e a correspondente achega municipal nos orzamentos. Iso é debido, segundo explicou Raimundo González, a que previsiblemente a aprobación deste proxectos será inminente. Desta maneira sería oito millóns que achegan estes fondos e 2 que asume o concello. Así e desta maneira, o BNG agarda ter todos estes traballos executados no 2018. A Ponte do Burgo sería o único proxecto que se podería ir ao 2019 ao contar cun prazo de execución de 12 meses e o maior investimento conta con máis de 2,5 millóns de euros, segudo do Pavillón da Xunquieria con máis de 2,1 millóns de eiros, a rehabilitación integral do Gorgullón con máis de 1,5 millóns de euros, melloras na parroquia de Tomeza con 943 mil euros, a administración electrónica con 933 mil euros, 441 mil para o parque forestal da Tomba e 279 mil para a renovación do mercado. Con esta medida adoptada polo Goberno Local as contas estarían ao día e non lle tería que achacar ao concello ningún atraso.