O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo

    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés. As dúas obras en materia de seguridade viaria, tanto en Bexo como en Burés, suporán un investimento superior ós seiscentos mil euros e poderán estar en execución para o próximo verán. A ponte sobre o río Té, xa rematada, é outra das actuacións que vén de acometer a Deputación en Rianxo, satisfacendo así unha vella demanda veciñal. Estas obras son un exemplo máis da aposta da Deputación polo concello rianxeiro no que se levan investidos ó redor de cinco millóns de euros nos últimos catro exercicios.