RIBEIRA> No encontro mantido en Santiago co responsable da consellería de Industria, tanto o alcalde coma o tenente de alcalde, incidiron na importancia do proxecto, para eles unha actuación prioritaria, xa que cómpre dar resposta dunha vez á alta demanda de chan industrial existente, unha vez que os terreos do actual polígono industrial de Xarás levan anos esgotados.
O rexedor sinalou ademais que se aproveitou a xuntanza para informarlle ó secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, do estado actual do proxecto, no que se están a levar a cabo as expropiacións definitivas.
Dende o Concello sinalaron que se trata do paso previo para avanzar co proxecto de urbanización e dar así un pulo definicitivo a esta actuación tan importante para o municipio.
O proxecto que desenvolve o Concello, da man da Asociación de Empresarios, conta cun presuposto próximo ós 13 millóns de euros.
A actuación permitirá a creación de máis de 158 mil metros cadrados de superficie útil para o asentamento de novas empresas.











