Cruz Vermella Boiro e ABE asinanun convenio de colaboración

BOIRO> O vicepresidente da Asemblea Local da Cruz Vermella de Boiro, Ricardo López Triñanes, e o presidente da ABE, Daniel García, foron os encargados de asinar o convenio de colaboración. O primeiro que subscriben entre as dúas entidades.

Segundo informaron, con el búscase artellar puntos de encontro comúns que contribúan, entre outros aspectos, á difusión e mellora de programas de carácter social.

O convenio non é un acordo ó uso, como o que a patronal local asina con outras entidades. Non ten unha duración temporal específica, senón que o que se pretende é compartir información, orientación e asesoramento, así como fomentar a realización de prácticas de carácter laboral de persoas en risco de exclusión cos que traballa Cruz Vermella nas empresas asociadas á ABE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí