Patrimonio autoriza as obras de ampliación do Museo do Mar

    NOIA> Patrimonio vén de dar luz verde ó concello de Noia para que se retomen as obras do novo Museo do Mar. O alcalde, Santiago Freire, informou de que a Administración Autonómica resolveu de xeito favorable, polo que se poderá seguir coa construción. Iso si, na actuación deberá manterse un especial coidado cos restos arqueolóxicos atopados. O concello de Noia vén de superar un atranco importante de cara a construción do futuro Museo do Mar. As obras levaban paralizadas dende hai varios meses por Patrimonio, ó atoparse nas escavacións parte da muralla medieval e dun tramo de calzada e diverso pavimento desa mesma época. Esta circunstancia obrigou a realizar unha modificación do proxecto, que agora vén de recibir o visto bo da Xunta. O rexedor noiés confía en que as obras poidan retomarse xa no primeiro trimestre do vindeiro ano. A aparición destes restos obrigou tamén ó Concello a introducir cambios nos usos do futuro Museo, que destinará a planta baixa a centro de interpretación destes restos para que poidan ser tamén apreciados polos visitantes que se acheguen ás novas instalacións.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí