O concello asina convenios de colaboración con AEMPE e ZZMM

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra asinou esta mañá dous convenios de colaboración coas asociacións AEMPE e Zona Monumental. Unha sinatura mediante a cal AEMPE recibirá 16 mil euros anuais ata o 2021, e Zona Monumental 22 mil ata finais do vindeiro ano. AEMPE e Zona Monumental renovan convenios co concello de Pontevedra. No caso de AEMPE ven cunha novidade, o convenio será xa ata o 2021 cun investimento por parte do concello de 16 mil euros anunais. No caso do Centro Comercial Urbano –Zona Monumental o convenio ascende aos máis de 22 mil euros para o que resta de ano e para o 2018. Un convenio moi importante para poder organizar actividades como a Feira de Artesanía e diferentes accións no Mercado de Abastos. O alcalde dixo que é moi importante manter viva a actividade económica da cidade, ao incidiu que o carácter peonil de Pontevedra axuda a mellorar o número de vendas da boa vila. En relación a campaña de Nadal, ambos dirixentes teñen claro que coa chegada da choiva e do frío intensificaranse as vendas, que no Black Friday xa se fixeron moitas compras de Nadal e que agardan que durante estes días tamén se incrementen o número de vendas na cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí